Concurso Internacional de Piano
XXXIV Cidade de Ferrol

Inscricións

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que teñan unha idade comprendida entre os 16 e os 35 anos.

A inscrición realizarase segundo modelo que se incorpora como anexo, e dispoñible na páxina web do Concurso, a través do seguinte enlace: www.pianoferrol.com

A inscrición é de balde.

Non se aceptarán candidatos que obtivesen o primeiro premio en edicións anteriores.

O prazo de inscrición finaliza o día día 5 de novembro de 2024 ás 23.59 PM hora española. Se se considerase necesario ampliar este prazo, procederase a notificalo mediante as publicacións preceptivas.

Coa inscrición, os interesados deberán achegar o seu curriculum vitae en calquera dos seguintes idiomas: galego, castelán ou inglés (en formato PDF), o seu DNI ou pasaporte e unha fotografía a cor.

Os concursantes menores de idade deberán enviar unha autorización asinada e escaneada do pai, nai ou titor, asumindo calquera responsabilidade que se derivase da súa participación no mesmo.

Unha vez inscrito, o concursante recibirá un correo automático de confirmación.

A inscrición supón a total aceptación das bases do Concurso.

 

Pé da páxina
Páxina principal Bases do concursol Inscricións Premios Probas Galería de fotos Contacto Galego Castellano English