BasesPrimeira.- Obxecto e contido A concellería de Cultura do Concello de Ferrol organiza o XXXIV Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol” entre os días 15 e 22 de novembro de 2024. O premio desenvolverase: o concerto inaugural no Teatro Jofre, nas fases preliminares e final no Auditorio de Ferrol, atendendo ao seguinte calendario:
Gravaranse e retransmitirase en streaming tódalas probas do Concurso, correspondendo a este concello os dereitos de gravación, difusión, ou emisión das mesmas, tanto en formato de audio como de vídeo. Segunda.- Órgano competente para a ordenación e instrución O impulso, ordenación, instrución e resolución das cuestións que deriven das presentes bases, corresponderá ao concelleiro delegado da Área de Cultura. En todo caso aplicarase de xeito supletorio o establecido na Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Ferrol. Corresponderá ao dito órgano, previo os informes que considere necesarios, resolver ou determinar todas aquelas situacións non contempladas nestas bases. Do mesmo xeito, poderá adaptalas a calquera situación de forza maior que puidera xurdir. Terceira.- Inscrición Poderán participar no concurso todas aquelas persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que teñan unha idade comprendida entre os 16 e os 35 anos. A inscrición realizarase segundo modelo que se incorpora como anexo, e dispoñible na páxina web do Concurso, a través do seguinte enlace: www.pianoferrol.com A inscrición é de balde. Non se aceptarán candidatos que obtivesen o primeiro premio en edicións anteriores. O prazo de inscrición finaliza o día día 31 de outubro de 2024 ás 23.59 PM hora española. Se se considerase necesario ampliar este prazo, procederase a notificalo mediante as publicacións preceptivas. Coa inscrición, os interesados deberán achegar o seu curriculum vitae en calquera dos seguintes idiomas: galego, castelán ou inglés (en formato PDF), o seu DNI ou pasaporte e unha fotografía a cor. Os concursantes menores de idade deberán enviar unha autorización asinada e escaneada do pai, nai ou titor, asumindo calquera responsabilidade que se derivase da súa participación no mesmo. Unha vez inscrito, o concursante recibirá un correo automático de confirmación. A inscrición supón a total aceptación das bases do Concurso. Cuarta.- Prevalencia na tradución das bases En caso de erro de tradución nas bases, tomarase como oficial o regulamento escrito en lingua galega. Quinta.- Aulas de estudo Poranse a disposición dos participantes varias aulas para o estudo dende o dia 15 de novembro. Sexta.- Programa O programa estruturase nas seguintes fases e contidos:
O xurado poderá dar por concluída a interpretación do aspirante se o considera oportuno. Para a fase final a organización aceptará calquera concerto para piano e orquestra do repertorio universal. Unha vez enviado o programa, non se poderán facer modificacións do mesmo, excepto se houbese algún erro. Non estará permitida a interpretación da mesma obra durante as diferentes fases do concurso. En todas as probas as obras interpretaranse de memoria. Sétima.- Participantes seleccionados Os concursantes deberán de estar presentes no acto inaugural o día 15 de novembro no Teatro Jofre, levando consigo o seu DNI ou pasaporte. Se por algunha causa algún participante non puidera estar presente no sorteo, deberá xustificalo. A orde resultante do sorteo non poderá ser modificada, salvo causa de forza maior debidamente acreditada e previa apreciación dela por parte do xurado, con excepción da última proba con orquestra, sobre a que o xurado si se reserva o dereito a modificar a devandita orde. Oitava.- Xurado principal O xurado terá a seguinte composición:
A composición do xurado darase a coñecer na páxina web do concurso. Novena.- Criterios de outorgamento Os xurados valorarán aos concursantes segundo criterios en canto a calidade artística, interpretativa, técnica e musical, entre outros aspectos. Algún dos premios poderá ser compartido. En todo caso o xurado non está obrigado a conceder tódolos premios, sendo as súas decisións inapelables. Os premios estarán suxeitos ás correspondentes retencións de acordo coa lei española. Décima.- Supostos de abstención ou recusación Os membros do xurado están suxeitos aos supostos xerais de abstención e recusación recollidos na lexislación vixente (Lei 40/2015) respecto aos participantes no concurso. Ningún membro do xurado principal poderá votar polos seus propios alumnos, persoas ás que estean unidos por vínculo matrimonial ou situación de feito asimilable, parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grado ou de afinidade dentro do segundo ou amizade íntima ou inimizade manifesta. De idéntico xeito os membros do xurado tampouco poderá emitir voto polos participantes cos que manteñan unha amizade íntima ou inimizade manifesta, nin en relación aos participantes que teñan a condición de fillos dos seus amigos íntimos. Durante o concurso estará totalmente prohibido que os concursante manteñan contacto ou falen con calquera dos membros do xurado, o que podería ser motivo de exclusión. Décima primeira.- Exclusión As faltas de respecto graves a calquera membro da organización, así como incumprir algunha das regras destas bases, serán motivo de exclusión. Décima segunda.- Cancelación ou modificación das datas do concurso Se por causas alleas á vontade do Concello de Ferrol, o concurso tivera que cancelarse ou adiarse, non se responderá dos gastos nos que calquera concursante incorrera previamente para a súa asistencia ao concurso. Décima terceira.- Premios e accesit Nos termos da base decimo primeira o xurado poderá outorgar os seguintes premios: Primeiro premio: 15.000 euros e diploma. Segundo premio : 7.000 euros e diploma Terceiro premio: 4.000 euros e diploma Premio ao mellor intérprete de música española: 2.000 euros e diploma. Premio, ao mellor intérprete galego 1.000 euros e diploma Estas cantidades están suxeitas ás retencións legais que lles sexan aplicables. O xurado poderá acordar a concesión dun premio ex aequo, e no dito caso o importe do mesmo dividiríase entre os participantes premiados. Se algún premio ex aequo fora concedido entre os 3 finalistas, o importe do premio non concedido se distribuiría entre os premiados ex aequo, a partes iguais. O primeiro premio tamén poderá concederse ex aequo. Décima cuarta.- Compatibilidade dos premios Os presentes premios son compatibles con calquera outro premio que puideran recibir as persoas premiadas en concursos distintos a este. Décima quinta.- Obrigas dos concursantes galardoados Tódolos galardoados teñen a obriga de recoller os seus premios persoalmente na cerimonia de clausura e entrega de premios, e así mesmo o gañador está obrigado a actuar en dita gala se a organización o decide. Tamén deben de permanecer para as fotos oficiais que a organización dispoña, así como estar presentes nas entrevistas e fotos da prensa, antes e despois da final. Se non fose así, e salvo causa xustificada, seralle revocado o dito premio. Estas dúas esixencias non se aplicarán ós semifinalistas nin mencións de honra. Décima sexta.- Cerimonias de inauguración e entrega de premios. A organización das cerimonias de inauguración e entrega de premios de clausura será competencia da Alcaldía ou do concelleiro delegado de Cultura e serán supervisadas e dirixidas polo Departamento de Protocolo de Concello de Ferrol. Corresponderá ao Gabinete de Comunicación a supervisión dos anuncios e notas que se publiquen en relación có premio. Décima sétima.- Protección de datos Os datos de carácter persoal (incluídas fotografías, documentos de identidade e imaxe) que os concursantes envíen, quedarán incorporados a un ficheiro propiedade da organización, sendo empregados unicamente con fins propios da actividade da mesma. Conforme á LOPD, poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, a través do Rexistro Xeral do Concello de Ferrol. Décima oitava.- Réxime xurídico Atendendo á súa natureza xurídica, en todo o non previsto nas presentes bases será de aplicación a normativa estatal e autonómica en materia de subvencións, (Lei 38/2003 e RD 887/2006 e Lei 9/2007) así como a Ordenanza de subvencións (BOP 21/10/2019). Décima novena.- Publicacións As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. O inicio do prazo de inscrición vira determinado pola publicación do estrato do correspondente decreto de convocatoria -coa certificación da existencia de crédito- no dito BOP, e previa a súa publicación integra na Base Nacional de Subvenciones. Os interpretes premiados se publicarán na Base Nacional de Subvenciones” Comunícase para o seu coñecemento e efectos, facéndo saber que o presente acordo pon fin á vía administrativa e contra el poderáse interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o órgano que a dictou dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Todo isto, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente o recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo, dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación na forma prevista no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso Administrativa (BOE 14.07.1998). Poderáse utilizar calquera outro recurso que se estime conveniente. Ferrol, 11 de xullo de 2024 O concelleiro delegado de Cultura, José Antonio Ponte Far |
|